lunes, 5 de mayo de 2008

ACTAS DAS SESIÓNS DO CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA

As actas das sesións plenarias do Consello Escolar de Galicia son aprobadas na sesión posterior á realizada, polo tanto e mentres non se desenvolva a seguinte sesión a acta (neste caso da sesión na que se debateu o Proxecto de decreto do bacharelato) non será válida. Xunto coa convocatoria de reunión todos os membros do Consello Escolar de Galicia reciben a copia da acta (provisoria) da sesión anterior para que introduzan os cambios oportunos, se os houber, e se produza así a súa aprobación, se procede.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Cando será a próxima convocatoria do Consello Escolar de Galicia ?

Cando poderemos ter acceso a Acta Definitiva ?

Anónimo dijo...

Por favor alguén podería indicarme exactamente cal é o percorrido lexislativo dun ACTA dun Consello Escolar en Galicia?

Pregunto exactamente pola publicidade que se lle pode dar a unha ACTA (provisoria ou definitiva) dentro da Comunidade Escolar.

1. A Acta é pública para tódolos memebros da Comunidade Educativa ou só poden acceder a ela os Conselleiros Escolares dos Centros?

2. Se é pública onde se pode facer pública: nos taboleiros das salas de profesores, nos taboleiros da Biblioteca Escolar, nos taboleiros das Aulas do Centro...? Ou só se pode entregar unha copia da Acta á persoa ca demande na Secretaría do Centro?

3. Se fose o caso que as Actas dos Consellos Escolares se poden facer públicas en calquera medio impreso (Revista do Centro incluída) gostaríame saber se existe algunha limitación para publicar as Actas do Consello Escolar no sitio web do Centro ou por calquera outro medio dixital na Internet?

Se alguén me pode responder a estas cuestións ou remitirme á lexislación oportuna sobre o tratamento público das Actas dos Consellos Escolares estaríalle moi agradecido pola súa axuda.

Saúdos cordiais dun Conselleiro Escolar en activo que anda moi perdido nestes tempos que corren!

Anónimo dijo...

Por favor onde podería atopar a Acta do Consello Escolar de Galicia onde se pronunciou sobre o xa vello Decreto do Bacharelato en Galicia ?

Están xa publicadas ou aínda non ?

Saúde