lunes, 21 de abril de 2008

TRANSPARENCIA E PARTICIPACIÓN

Nestes momentos, o Consello Escolar de Galicia está a seguir o proceso de elaboración dun ditame sobre o Proxecto de decreto de bacharelato. Os membros (11 entidades representadas no Consello) do pleno presentaron ata estes momentos 148 emendas ao dito Proxecto. A finais do mes de abril reunirase o Consello Escolar en sesión plenaria para elaborar o ditame definitivo sobre o Proxecto de decreto. Non lle corresponde ao Consello Escolar de Galicia facer pública a postura que cada entidade, institución, colectivo ou organización representada nel manteñen. Cando o pleno do Consello Escolar aprobe definitivamente o seu Ditame sobre o Proxecto, farase público e estará ao dispor de toda a comunidade na súa páxina web (como acontece con todos os seus ditames). Se alguén desexa saber cal é a postura, as emendas, suxestións... concreta de calquera das organizacións representadas no máximo órgano de consulta e participación de Galicia en materia educativa, terá que dirixirse a elas. Transparencia e participación non significa proporcionar datos e posturas de réxime interno que non dependen do Consello e si de cada entidade ou persoa que as presenta.

8 comentarios:

Anónimo dijo...

Veño de ler na prensa que o ditame do vergoñento decreto de bacharelato foi aprobado por 19 votos a favor, 8 en contra e 6 abstencións.

Supoño que nestes momentos xa sería hora de coñecer quenes foron os responsabeis da magna decisión!

Especialmente para agradecerlle públicamente o seu traballo a prol da rebaixa da calidade educativa no Bacharelato!

O enlace das nova de Xunta nin siquera funciona (para variar)
http://novas.xunta.es/node/9559

E supoño que non teremos esta información ata pasada unha semana polo menos...

Cando o futuro está en perigo compre algo máis de dilixencia nas informacións... Graciñas.

Anónimo dijo...

Ademáis teño unha dúbida dos 50 membros do Pleno do Consello se a votación publicada na prensa é correcta onde estaban os 17 membros restantes... ¿na casa?

Anónimo dijo...

O ditame do Pleno do Consello Escolar de Galicia é favorable á distribución horaria proposta pola Administració n educativa no proxecto de decreto de bacharelato. A proposta realizada pola Consellería de Educación reflicte unhas ensinanzas actuais e unha formación que conecte coas demandas actuais da cidadanía.
Mi preguntaes:¿han investigado cuales son las "demandas actuais da cidadanía"? deberían de publicar copia de los informes en los que se expresen tales demandas ¿a q cidadanía consultaron? porque ahi esta el QUID de la cuestión
Por mi parte si la cidadania quiere esto, lo aceptare aunque no este de acuerdo(en esto consiste la democracia,no?), y bueno, a lo mejor la ciudadania tiene razones convincentes pero mientras no me las expongan...esto todo me parece sencillamente falto de racionalidad
Por otra parte,denunciar a la propia institucion consello escolarde galicia porque parece totalmente absurdo crear con fondos publicos una institucion representativa que en realidad tiene como objetivo declarado concienciar a la sociedad y crear cauces de participacion. Esto es tan kafkiano, es empezalacasa polo tellado; supongo q lugares participativos ya existen,se trata de dar representatividad a esos espacios participativos (por ejemplo profesorado participativo, comites de expertos. Quiero denunciar el hecho de q el supuestamente espacio representativo consello escolar de galicia no es tal -de acuerdo con su declaracion de intenciones- y que yo al menos no quiero q mis impuestos se gasten en instituciones oficiales fantasmas. Por ultimo me parece un deber democratico que pongan a disposicion de tod@s los informes que obren en su poder, lo contrario es un funcionamiento oscurantista
un saludo

Anónimo dijo...

Iso é como dicir nada, ufff son a pizarra!!

Anónimo dijo...

¿Por favor cómo podo coñecer a ACTA DE VOTACIÓN do ditame sobre o Decreto do Bacharelato en Galicia?

Tódalas Actas dos Consellos Escolares son públicas e calquera membro da comunidade educativa pode consultalas.

Por favor indiquen o trámite a seguir para poder consultar unha copia da mesma.

Anónimo dijo...

¿De verdad a las 19 personas-organizaciones que votaron a favor del anteproyecto les pareció razonable rebajar horas a Filosofía, Educación Física e Historia?

¿En serio creen que nuestro alumnado está tan sobrado de ejercicio físico y de ejercicio mental?

¿Creen realmente que es posible dar contenidos filósoficos -soy de Filosofía, aviso - razonados y no simples "rollos" en dos horas a la semana?

No puedo creer que se sigan bajando y bajando horas de contenido y razonamiento filosófico, de lectura comprensiva de textos tanto técnicos como de periódicos, revistas, opinión, etc. y los "expertos" se queden tan tranquilos (de 8 horas obligatorias en el plan BUP-COU, a 5 después de varias reformas socialistas).

¿Tan sobrados de todo esto creen que está el alumnado? ¿Creen en serio que hacer "zapping" de asignaturas durante la semana es algo positivo para desarrollar el espíritu crítico y todo eso que dicen defender basándose en el memorándum de Lisboa?

Anónimo dijo...

Pensaba que dende o 21 de Abril ata o 9 de Maio alguén publicaría algo nesta bitácora Participando!

Despois do papel de comparsas da Administración que xogaron os distintos Conselleiros/as Escolares no derradeiro Pleno supoño que será difícil devolverlle a esta Institución a solvencia que xamais debera ter perdido polo seu desleixo á hora de emendar e corrixir canto afectaba á CALIDADE EDUCATIVA no Decreto que deberan ditaminar!

Pero eso é unha cousa e outra ben distinta gardar SILENCIO por toda resposta ós comentarios que aquí se verteron ata hoxe.

Unha bitácora ábrese para se un lugar de doble dirección: ou do contrario é mellor pechala para sempre!

Insisto en que a Publicación das Actas do Consello Escolar de Galicia deberan estar a disposición da Comunidade Educativa.

O oscurantismo non pode rexir un órgano de Representación da Sociedade Civil.

¿Onde se dí que estes documentos teñen carácter INTERNO ó Consello?

Ou é unha orde directa da Vicepresidenta?

Anónimo dijo...

Por un erro informático non puden ler as dúas novas entradas desta bitácora. Así que RETIRO o meu anterior Comentario por Improcedente.

E se o administrador o considera oportuno pode ELIMINALO sen problema!

Gracias e desculpas.