lunes, 3 de diciembre de 2007

PARA ACCEDER AO INFORME SOBRE PARTICIPACIÓN

O informe "A participación da comunidade educativa na mellora da calidade do ensino" está ao dispór de todos na páxina web do Consello Escolar de Galicia (entrando en "Consellería", "órganos colexiados", "Consello Escolar de Galicia", "publicacións", "Informes").
Tendo en conta as consideracións sobre os aspectos máis determinantes no funcionamento dos consellos escolares de centros de ensino non universitario presentamos a seguinte táboa con indicadores de boas prácticas que cremos contribuirán a mellorar a participación de todos os sectores da comunidade educativa no funcionamento e goberno dos centros.

INDICADORES DE BOAS PRÁCTICAS NO FUNCIONAMENTO DOS
CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS EDUCATIVOS


ELECCIÓNS:
• O horario das votacións establécese en distintas bandas horarias.
• A comunicación proporciónaselles a todos os sectores por varias canles.
• Organízanse actos para fomentar a participación.
• Permítese o voto por correo.

COMPOSICIÓN:
• Procúrase que no Consello estean representados todos os sectores na súa totalidade e que exista a estabilidade que posibilita a lexislación.
REUNIÓNS :
• Desenvólvese máis dunha reunión por trimestre.
• Planifícase o calendario de reunións e a orde do día coa participación de todos os sectores.
• Convócanse as reunións con suficiente antelación.
• Adáptanse os horarios tendo en conta as necesidades da maioría dos membros.
• As sesións desenvólvense nun clima de traballo distendido e nun ambiente de participación e colaboración fomentando o respecto e a tolerancia.

INFORMACIÓN:
• Facilítase, xunto coa convocatoria, a copia da acta da reunión anterior e toda a documentación precisa sobre os temas a tratar.
• Os membros do Consello coñecen os aspectos lexislativos fundamentais para o desenvolvemento das súas funcións.

TOMA DE DECISIÓNS:
• Tómanse decisións, faise o seguimento e avalíanse os resultados.
• O equipo directivo aplica os acordos do Consello.
• Cada sector presenta as súas propostas de traballo.
• Desenvólvense sesións previas e posteriores en cada sector para preparar as reunións e dar conta das decisións tomadas.
• Hai vontade de consenso e os distintos sectores non manteñen posturas inamovibles.

FUNCIÓNS:
• Os distintos sectores representados coñecen cales son as súas funcións e a materia lexislativa básica pola que se rexen estes órganos colexiados.
• Cúmprense os pasos a dar para a elaboración dos principais documentos do centro: Proxecto Educativo, Programación Xeral Anual e Regulamento de Réxime Interno.
• Particípase na elaboración da Memoria Anual, a cal leva incluída a necesaria avaliación tanto interna coma externa.
• Tómanse decisións tendo en conta o posto de manifesto na Memoria Anual.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Despois dunha Consulta somera do Informe ocórreseme cunha das cuestións principais para promover a Participación é FACILITAR ESTA INFORMACIÓN a tódolos Conselleiros e Conselleiras Escolares en Activo...!

Supoño que non sería imposible facerse cos Enderezos Electrónicos da meirande parte dos membros que compoñen na actualidade os Consellos Escolares Galegos.

E nos casos onde existan dificultades para contactar electrónicamente deberase solicitar esta formalidade de cara ás vindeiras eleccións de xeito que as Actas de Constitución dos Novos Consellos Escolares podan incorporar os enderezos electronicos do maior número posible de membros.

Enviarlles este Informe penso que seria un bo xeito de camiñar cara unha Participación Real no futuro.

http://www.edu.xunta.es/ftpserver/portal/Conselleria/CEG/INFORME.pdf

Anónimo dijo...

Por favor seríades tan amables de indicarme qué día e a que hora vaise reunir o Consello Escolar de Galicia para ditaminar sobre o novo Decreto do Bacharelato en Galicia?

Por favor avisade con antelación para poder preparar a nosa Participación!

Graciñas.

Anónimo dijo...

E moitas grazas por engadir os Enlaces directos á Web Oficial do Consello Escolar de Galicia.

Temos moito que facer xuntos...!!!

Anónimo dijo...

Unha bitácora é un lugar DINÁMICO que debe posibilitar o intercambio de información an ámbalas dúas direccións...!

Se O Consello Escolar de Galiza ten unha Sesión Plenaria en Breve todos deberamos estar INFORMADOS da Orde do Día e saber cales son as posicións dos diferentes mebros sobre os temas que se debaten.

TRANSPARENCIA e PARTICIPACIÓN ¿non é o que o CEG recomenda ós Consellos Escolares dos Centros Educativos?

Pois podíades comezar predicando co EXEMPLO... ou seguimos coma sempre?

¿Predicando sen dar trigo?