martes, 13 de febrero de 2007

¿Participación?


Participar é tomar parte activa na construción, desenvolvemento e avaliación dun proxecto. A participación é un dereito democrático que nos vén da condición de cidadáns, de membros dunha comunidade educativa e de axentes da propia formación, pero ademais é un deber: temos a obriga de participar na construción dunha escola mellor, dunha sociedade mellor.
A participación esixe compromiso, esforzo continuado e tamén xenerosidade. Compromiso e xenerosidade para buscar o consenso, o acordo, os puntos comúns básicos sobre os que substentar calquera proxecto.
A intención deste "blog" é a de centrarse na participación de toda a comunidade educativa na organización, funcionamento, xestión e avaliación dos centros escolares co obxectivo de acadar a mellora da calidade do ensino.
Alumnos, profesores, pais, nais... Todos temos algo importante que dicir e que debe ser tido en conta.
Non te manteñas á marxe, ¡participa!



6 comentarios:

marisa dijo...

¿Que se pode esperar dun consello escolar no que o representante municipal non aparece nunca, no que o representante do persoal non docente brilla pola súa ausencia e no que os profesores forman unha alianza para sacar adiante as súas propostas?

Anónimo dijo...

Dos que non aparecen , non se pode esperar nada pero os que están dispostos a traballar polo colectivo poden aportar moitas ideas e facer valer a súa opinión.

Anónimo dijo...

Curiosamente neste momento estou a facer un curso de formación na plataforma Platega sobre convivencia escolar e revisando o material que tendes na páxina web vexo que os mesmos principios metodolóxicos se levan transmitindo dende o ano 2001. Sorprende que estos temas leven xa tanto tempo no candeleiro e sen embargo nos coste tanto chegar a equipos de profesores comprometidos e que traballen con criterios algo unificados. Se nos pide a participación para cambiar o ambiente dos centros, fálase da democratización dos centros, pero ¿realmente está chegando a mensaxe ó profesorado? ¿No se quere recibir? ¿Parécenos dificil?

fran varela dijo...

Es evidente que la participación es necesaria, pero siempre que sea activa. Es decir, se proponen alternativas, se discuten y valoran. En definitiva se tienen en cuenta. Lo que creo que ha estado pasando durante mucho tiempo es que sobre todo al sector de padres y ahora también al de profesores se les está animando a una participación yo me atrevo a decir "controlada y medida" que no genera la suficiente confianza.
En cierto modo nos está quedando la sensación de que tenemos que llevar a la práctica lo que "los profetas" han dictaminado como el método idóneo.

¿Y algunos nos preguntamos, somos los conejillos de indias dentro de un gran laboratorio?

fran varela dijo...

Reflexiones sobre convivencia escolar en http://fvarelaresoluciondeconflictos.blogspot.com/
Un saludo

Anónimo dijo...

Gostaríme saber CANDO E ONDE se van celebrar as Xornadas que foran anunciadas en ABRIL DE 2007 ?

Non puden asistir a aquelas REUNIÓNS INFORMATIVAS sobre os Consellos Escolares e a Participación.

Polo tanto gostaríame saber a quen tería que dirixirme para coñecer os actos que se van levar adiante neste novo curso escolar 2007-2008 tan cheo de NOVIDADES LEXISLATIVAS!

Saúdos!