lunes, 1 de octubre de 2007

XORNADA "A participación da comunidade educativa na mellora da calidade do ensino"

Para dar cumprida resposta a unha anónima petición podemos adiantar que o sábado 17 de novembro de 2007 desenvolveremos no salón da actos da EGAP en Santiago de Compostela a xornada sobre PARTICIPACIÓN anunciada en abril de 2007. Axiña achegaremos o programa e as follas de inscrición a todos os centros educativos; tamén daremos cumprida información a través das páxinas do Consello Escolar de Galicia no portal educativo. Podemos adiantar que na xornada de mañá faremos unha breve e sinxela presentación de todos os temas que fomos recollendo ao longo das doce xuntanzas mantidas por toda Galicia con preto de dous mil asistentes e participaremos de dous relatorios: un de Mariano Fernández Enguita , "A escola a exame" e outro de Guillermo Ballenato "Educar sen berrar". A tarde dedicarémola a desenvolver oito grupos de traballo sobre os temas máis demandados nas reunións baixo a coordinación de Florencio Luengo e Mariano Fernández Enguita para logo rematar cunha mesa de debate e conclusións moderada por Milagros Blanco Pardo, a vicepresidenta do Consello Escolar de Galicia. Como se pode observar, o noso intento é que a xornada sexa eminentemente participativa e práctica e que nos permita acadar conclusións útiles.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Moitísimas gracias pola información e pola rápidísima resposta. Verémonos en Santiago.

Sería interesante que difundírades máis este lugar de Participación para Conselleiros Escolares. Eu chegei aquí case de milagre!

Enviando un correo ós Centros co rogo de remitilo ós membros do C.E. supoño que xa sería suficiente.

Saúdos...

Anónimo dijo...

Lamento que sexa Mariano Fernández Enguita unha das persoas invitadas polo Consello Escolar de Galicia precisamente para unhas xornadas de participación.

Fai un par de días pudemos 'disfrutar' dun aburrido relatorio sobre a Historia da Institución Educativa máis propia do MUPEGA que dun experto na problemática escolar do século XXI.

Este ponente recoñece que na súa vída estivo nun Instituto de Secundaria... como tantos ponentes habituais en xornadas deste tipo.

Non sería moito máis interesante invitar a Profesionais que coñezan o medio Escolar para tentar sacar algunha conclusión positiva?

El señor Enguita no creo que se encuentre capacitado para afrontar un debate "crítico" sobre la institución escolar: más bien se escucha a sí mismo con tal fruición que sinceramente creo que podríamos prescindir de su presencia en dichas jornadas.

Propongo a Jose Antonio Marina en su lugar y creo que todos saldíamos ganando bastante.

Sinceramente.

Anónimo dijo...

Podía alguén facer unha somera sintese sobre a xornada de onte sábdado 17 de Nov. en Santiago ?

Cantas persoas participaron nestas xornadas ? Cal foi a representatividade dos asistentes ?

Que nivel de discusión houbo nas ponencias presentadas ? etc...

Xa que de participación se fala sería de agradecer promovela vía web que pode resultar un xeito menos oneroso de participación para todos...!

Gracias